Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Telecentro acollerá o pase de tres películas producidas entre 1927 e 1930, Exposición fotográfica e proxeccións do cine alemán de entreguerras

4/11/2010

O Telecentro acollerá o pase de tres películas da producidas entre 1927 e 1930
Exposición fotográfica e proxeccións do cine alemán de entreguerras
A mostra pode visitarse no anexo da Sala de Exposicións Municipal

Xoves, 4 de novembro de 2010. A zona anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle unha exposición fotográfica sobre “Fotografías da UFA. Cine alemán de entreguerras” que estará na cidade ata o 14 de novembro de 2010.

Esta mostra chega á cidade grazas á colaboración establecida entre a Concellería de Cultura tudense e a Fundación Vicente Risco, e conta co patrocinio do Goethe Institut – Instituto Alemán de Cultura.

A exposición amosa o traballo desenvolvido polos artistas, técnicos e creadores alemáns nos míticos estudios de cine de Berlín. Xuntando creatividade con innovacións tecnolóxicas do cine da época os artistas da UFA produciron unha serie de títulos clásicos que marcaron o rumbo da historia do cine en Europa e en Estados Unidos. A exhibición amosa unha escolma de fotografías das rodaxes de películas como “Metropolis”, “El angel azul”, “Los nibelungos” entre outras, así coma os bosquexos dos grandes directores de arte daquela época.

A UFA é unha gran compañía cinematográfica alemán fundada no ano 1917 con forte apoio gobernamental, tras a derrota de 1918 a compañía privatízase comezando unha aposta polas grandes producións. A UFA salienta polo protagonismo que tivo no cine expresionista xermano de “entreguerras”, unha auténtica idade dourada, que tivo como principais expoñentes a Fritz Lang, F.W. Munau e G. W. Pabst.

A mostra recolle 48 fotografías que amais da súa alta calidade, ofrecen unha interesante visión da sétima arte na Alemaña de entreguerras.

Como complemento a esta exposición a Concellería de Cultura tudense organiza a proxección de tres das máis recoñecidas películas producidas pola UFA; trátase de filmes daquela época, chea de vitalidade, de cambios, de modernidade ao tempo que de dificultades, crises e contradicións as proxeccións terán lugar no Telecentro de Tui ás 19,30 horas nos seguintes días:

  • Martes, 9 de novembro: “El ángel azul” (1930)
  • Xoves, 11 de novembro: “Berlín sinfonía de una gran ciudad” (1927)
  • Sábado, 13 de novembro: “Emilio y los detectives” (1931)

A mostra e as películas son unha iniciativa da Fundación Vicente Risco en colaboración co Instituto Goethe, Xunta de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea, Festival de Cine de Ourense e Cineclube Padre Feijoo.