Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Teatro Municipal pechou o 2007 con 21.000 espectadores

9/01/2008

O Teatro Municipal pechou 2007 con 21 mil espectadores

Este espazo albergou 86 actividades ao longo do ano pasado 

O Teatro Municipal de Tui pechou o 2007 con 21.415 usuarios segundo o balanzo feito pola Concellería de Cultura de Tui. Ao longo do ano pasado o Teatro Municipal de Tui abriu as súas portas un total de 60 días para albergar 86 actividades dos máis diversos xéneros: danza, teatro, monicreques, maxia, música, festivais escolares, concertos, galas e diversas celebracións.

 

Do total de espectáculos celebrados 31 estiveron organizados pola Concellería de Cultura, co apoio de distintas entidades e institucións, acadando unha media de 230 espectadores e unha cifra total de 7.112 así coma un investimento de fondos propios por parte do Concello superior aos 26.500€.

 

Os espectáculos infantís téñense gañador un público fiel e cada vez máis numeroso, coma aconteceu nas funcións da compañía madrileña La Canica cun cheo total, o Títeres Cachirulo, Trompicallo e Galitoon que fixeron disfrutar a pequenos e maiores. O 2007 foi un ano de estreas coma o da última obra de Fulano, Mengano e Citano que ofreceu en Tui dobre función. Na cidade estivo de novo o Centro Dramático Galego con dúas obras “A Piragua” que tivo tamén dúas función, e “Noite Reis”, sen esquecer a presenza doutras compañías coma Lagarta, Lagarta, Tirinautas, Sarabela, Factoría Teatro, ou Teatro do Atlántico. A nota musical correu a cargo de Brath e Faltriqueira e Rebagliati-Ons, actuacións ás que se sumaron as dos magos Richard e Teto. A danza tivo o seu mellor expoñente con “Vacuo” unha montaxe do Centro Coreográfico Galego.

 

A estas actividades organizadas directamente polo departamento de Cultura hai que engadir as que se celebraron por parte doutras entidades, asociacións e colectivos, coma Play-Doc, os Concertos do Conservatorio ou diversos festivais, xunto aos actos organizados polo Parlamento de Galicia, a Federación Española de Remo, o Congreso Autonómico de Familias Numerosas ou o centenario da Cámara de Comercio,  co que se chegou ás 86 actividades anuais e aos 21 mil espectadores.

 

Estas cifras permiten afirmar á Concellería de Cultura que no próximo mes de abril, cando se cumpran cinco anos de funcionamento do Teatro Municipal, a cifra total de usuarios superará os 100 mil.

 

O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, valora moi positivamente esta magnífica resposta do público ao tempo que incide na importante aposta que o seu departamento fai por unha programación estable e de calidade. Moisés Rodríguez agradece o apoio recibido por parte de institucións coma a Consellería de Cultura ao través da IGAEM, a Consellería de Industria por medio da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo, a Deputación de Pontevedra, ou Caixanova que contribúen a conformar esta programación.

 

Este éxito queda tamén reflectido no feito de que Tui é un dos dez concellos galegos que forman parte do Espazo CDG, e a propia directora do Centro Dramático Galego, eloxiaba a cidade e a puña coma exemplo para Galicia na xestión cultural que realiza.

 

A promoción desta programación fíxose ao través da Axenda Cultural Corredoira que recolle con carácter semestral os espectáculos previstos.  Unha labor de promoción na que se contou coa colaboración dos distintos medios de comunicación.  Coma novidade instalouse unha valla publicitaria ao carón da Area Panorámica cos espectáculos previstos, e aproveitando as novas tecnoloxías, púxose en marcha un servizo de información por correo electrónico para o público en publico.cultura@concellotui.org, amais dunha pantalla de plasma instalada na billeteira con información audiovisual sobre os distintos espectáculos.