Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado tivo lugar o torne de minibasquet 125 anos da Ponte Internacional

14/03/2011

TORNEO MINIBASKET


 

Co gallo dos actos conmemorativos do 125º Aniversario da Ponte Internacional Tui - Valença do Minho, e dentro das actividades deportivas, o pasado sábado celebrouse no Pavillón Deportivo Municipal de Tui o Torneo de Minibasquet Alevín.


Tanto os xogadores e xogadoras, coma os pais e nais que os acompañaron, gozaron dunha tarde no que o obxectivo principal era aumentar os lazos de irmandade existentes entre as poboacións de ambas ribeiras do Miño a través da actividade deportiva.


Os equipos participantes foron o Basket club Coura de Paredes de Coura, a Escola Desportiva Limiana de Ponte de Lima, o Porriño Baloncesto Base, o Valença Basket Club e o Club Baloncesto Tui.


Á finalización do torneo, e ante os aplausos do numeroso público que acudiu ao pavillón, fíxose entrega a cada un dos xogadores e xogadoras das medallas conmemorativas do 125º Aniversario da Ponte Internacional, así como dun recordo a cada un dos equipos participantes. Para isto contouse coa presenza do Alcalde do Concello de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, do Vareador de Cultura e Deporte da Cámara de Valença do Minho, José Monte, así como dos Concelleiros del Concello de Tui, Moisés Rodríguez, Patricia Ricón, Manuel Vázquez e Antonio Castro, así como do Presidente do Club Baloncesto Tui, Nicolás Lorenzo.


Dende o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho quérese agradecer a todos os equipos participantes a súa presenza no torneo, ao Centro Comercial Haley pola súa colaboración, a Cruz Vermella de Valença do Minho e ao Club Baloncesto Tui, tanto ao seu Presidente, Nicolás Lorenzo, a toda a súa directiva e ao seu coordinador de base, Ángel Aldea, polo apoio na organización do evento