Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado no Teatro Municipal Producións Teatrais Excéntricas presenta "Un cranio furado"

11/03/2011

Producións Teatrais Excéntricas presenta a comedia negra

 "Un cranio furado"

Será o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal

A obra ten nove nominacións aos XV Premios María Casares

 

 

Xoves, 10 de marzo de 2011.  Producións Teatrais Excéntricas de Santiago de Compostela actuará este sábado ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui para representar a comedia negra "Un cranio furado". A obra, con 95 minutos de duración, está recomendada para público adulto a partir dos 13 anos.

 

Baseada nun texto de Martin Mc Donagh, adaptado por Avelino González, "Un cranio furado" está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Romay.  A acción transcorre no lugar de Connemara onde no cemiterio local o enterrador traslada os restos da súa muller, morta sete anos atrás, segundo a versión oficial nun accidente de tráfico aínda que moitos sospeitan que puido ser asasinada polo seu home. En "Un cranio furado" mestúrase intriga, investigación, terror... nunha peza teatral que segue a liña de Tarantino. "Un cranio furado" ten un total de nove nominacións aos XV Premios María Casares que se fallan o próximo 23 de marzo, entre eles está o de Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor actor protagonista, Mellor iluminación, escenografía e adaptación.

 

Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de produtos de entretemento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o dúo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

 

As entradas para esta representación están xa á venda ata o sábado ás 13h na web www.culturatui.info ou o sábado dende ás 19h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 6€, e 4€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Producións Teatrais Excéntricas con "Un cranio furado"

Data:  Sábado, 12 de febreiro, ás 20.30h

Prezo das entradas: 6€ - 4€

Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o sábado ás 13h e no despacho de billetes o sábado dende ás 19h.

Máis información en: www.culturatui.info ou en www.excentricas.net