Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado coa lectura do pregón e a coróación das raiñas comezan as festas de San Telmo

19/03/2008

  

 A coroación das raíñas e o pregón abren as festas de San Telmo este sábado

    Este sábado comezan as festas de San Telmo. Fano co acto solemne de coroación das raíñas infantil e xuvenil e co pregón das festas no Teatro Municipal.

    A raíña infantil é Andrea Rodríguez García e as súas damas Lucía Álvarez e Marta Rodríguez. A raíña xuvenil é Jessica Solleiro Bermúdez e as súas damas Ana Leirós e Isabel da Costa.

    Trala súa coroación terá lugar a lectura do pregón que corresponde este ano a Xabier Añoveros Trías de Bes.  Pechará o  acto o grupo “Xuntanza” de Randufe interpretando o himno galego.

    O sábado terá lugar a primeira verbena a cargo de Milenium.

    O domingo, segundo día de festas, a Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un pasarrúas e concerto na Corredoira a partir das 12.30h, en caso de choiva será na Área Panorámica.

    Ás 17.15h no centro social haberá baile para os maiores amenizado polo grupo Sensación. E partir das 17.30h no Teatro Municipal de Tui celébrase o Festival Folclórico.

NOVIDADES NAS FESTAS DE SAN TELMO

As Festas de San Telmo 2008 presentan numerosas novidades con respecto a edicións anteriores. Vanse celebrar dende este sábado día 22 e até o luns 31 de marzo.

    As festas foron presentadas onte á tarde polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, os concelleiros de Cultura e Turismo, Moisés Rodríguez e María José Rosada, e os membros da Comisión de Festas.

    Unha das principais novidades é a desaparición da Festa do Meixón, que pola súa carestía e escaseza, deixa o lugar á Festa da Anguía que se celebrará o domingo día 30 dende ás 11 da mañá.  Poranse á venda 2 mil racións ao prezo de 10€ nos que se inclúen 225 g de anguía frita rebozada en fariña e con pimentón, viño tinto Señorío de Rubiós, pan e cazola conmemorativa. A preparación corresponderá ao restaurador Jorge Lorenzo. O orzamento da festa da anguía ascende a 24 mil euros.

    Outras novidades é a desaparición da FAIM que será substituída por unha feira monográfica dedicada cada ano a un sector diferente, e pasa a denominarse EXPOTUI. Este ano estará centrada na maquinaria agrícola, industrial e automoción e estará ubicada   nos terreos exteriores do CEIP nº2 e o prezo da entrada é de 1€.  O orzamento de EXPOTUI ascende a 6 mil euros.

    A Feira dos Cabalos presentará este ano un emprazamento novidoso, coma serán os terreos da Veiga do Louro, e terá lugar o domingo día 30 e o luns día 31. Nestas dúas xornadas haberá distintas actividades relacionadas coa hípica.

    As festas arrancan este sábado, ás sete da tarde, coa coroación das raíñas infantil e xuvenil, xa que este ano non haberá da terceira idade. A raíña infantil é Andrea Rodríguez García e as súas damas Lucía Álvarez e Marta Rodríguez. A raíña xuvenil é Jessica Solleiro Bermúdez e as súas damas Ana Leirós e Isabel da Costa.

    Trala súa coroación terá lugar a lectura do pregón que corresponde este ano a Xabier Añoveros Trías de Bes. A partir de aí desenvolverase un amplo programa de actividades que se recollen no libro das festas. Un libro que este ano recolle 23 artigos de temática variada e dos máis diversos autores.

    A parte musical das festas correrá  cargo das orquestras que amenizarán as verbenas, das Bandas de Música de Tui, O Rosal e Valladares, e tamén da Banda de Música Sinfónica de Sagún, xunto a charangas e o karaoke que se celebrará o venres 28.

    A comisión de festas de San Telmo quixo deixar constancia do seu agradecemento aos comerciantes e industriais pola colaboración prestada, agardando que a xente participe e que o tempo acompañe.  A Comisión destaca que este ano hai dúas atraccións novas Boomerang e a Pala Terminator.