Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O próximo luns celebrarase unha reunión informativa sobre a humanización da rúa Antero Rubín

30/06/2022

Será ás 20.30 h na Aula da UNED

O próximo luns, 4 de xullo, ás 20.30 h terá lugar na aula da UNED unha reunión informativa sobre o proxecto de humanización da rúa Antero Rubín.

Así se recolle nun bando da alcaldía no que se informa que ante a próxima execución das obras contidas no proxecto de humanización na rúa Antero Rubín, convócase á veciñanza e ás persoas afectadas polas obras a unha reunión informativa o luns.

Banda reunión informativa humanización Antero Rubín