Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O profesor Hortensio Sobrado abre o ciclo de conferencias sobre a Batalla de Lepanto

11/10/2021

Será este mércores ás 19.30 h na igrexa de San Domingos

Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto. 

O profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Hortensio Sobrado Correa, disertará sobre “A batalla de Lepanto, contexto histórico”. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos. 

Ciclo de conferencias

•    Mércores, 13 de outubro, ás 19.30 h  “A batalla de Lepanto, contexto histórico” por Hortensio Sobrado Correa, profesor da USC
•    Martes, 19 de outubro, ás 19.30 h “A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco” por Domingo González Lopo, profesor USC  
•    Martes, 26 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto na literatura española” por Dolores Balseiro, profesora ensino medio
•    Mércores, 3 de novembro, ás 19.30 h “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” por Francisco Javier Novo Sánchez, profesor USC.
•    Martes, 9 de novembro, ás 19.30 h “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” por Suso Vila, historiador.

Visitas guiadas: 

•    Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro ás 18.00 h

Todas as actividades terán lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui. 
A asistencia é libre e de balde pero recoméndase inscrición previa no correo electrónico: biblioteca@tui.gal ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).