Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Pavillón Deportivo Municipal Novo pasa a denominarse Gustavo Rodríguez

21/12/2021

O pleno do Concello de Tui do 30 de setembro acordou darlle o nome do triatleta tudense como recoñecemento aos seus méritos deportivos

Este xoves, 23 de decembro, ás 12.00 horas, realizarase o acto de instalación da placa conmemorativa da denominación do Pavillón Deportivo Municipal, como Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, tralo acordo plenario do Concello de Tui, de 30 de setembro, como mostra de recoñecemento polos méritos deportivos do deportista tudense.

No acto estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o triatleta tudense Gustavo Rodríguez, acompañados polos concelleiros e concelleiras da corporación municipal de Tui.