Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Paseo Fluvial convértese este venres nunha gran sala de cinema ao aire libre coa proxección de “La canción del Mar”

2/08/2023

O cinema é protagonista esta semana na programación “Tui, verán na rúa”. Será este venres ás 22.15 h no Paseo Fluvial coa proxección da película de animación “La canción del mar”.

Deste xeito este espazo a carón do río Miño converterase nunha gran sala de cinema ao aire libre coa proxección da película "La Canción del Mar" dirixida por Tomm Moore.

Os protagonistas do filme son Ben e Saoirse que viven nun faro, na parte máis alta dunha pequena illa, co seu pai, que para protexelos dos perigos do mar envíaos a vivir coa súa avoa á cidade. Alí Ben descobre que a súa irmá pequena é unha Selkie, unha fada do mar, unha nena foca que coa súa canción pode liberar aos seres máxicos do sortilexio que lles fixo a Bruxa dos bufos. Nunha viaxe fantástica, Ben e Saoirse enfrontaranse a medos e perigos, e loitarán contra a Bruxa para axudar aos Seres Máxicos a recuperar o seu poder. A película está inspirada nas selkies, seres mitolóxicos do folclore irlandés que viven como focas no mar pero convértense en humanos ao saír á terra e desposuírse da súa pel.

A seguinte proxección no Paseo Fluvial será o venres 11 ás 22.15 h con “Encanto”.