Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O novo goberno municipal preséntase nas parroquias

12/01/2018

Está convocada unha primeira reunión mañá sábado ás 21h no Centro Cultural de Randufe

O goberno municipal de Tui realizará entre os meses de xaneiro e febreiro asembleas en todas as parroquias do concello, para facer a presentación pública de todos os membros do goberno, informar dos  puntos de vista do novo goberno a respecto do traballo que queren levar a cabo no rural do noso municipio e presentar ao enlace do goberno coa parroquia, que servirá para canalizar as peticións que os cidadáns queiran facer ao concello.

O obxectivo é celebrar as asembleas en venres e sábados para facilitar así a asistencia dos veciños. Está xa axendadas as dúas primeiras que terán lugar este sábado, 13 de xaneiro, ás 21h no Centro Cultural de Randufe, e o seguinte sábado, 20 de xaneiro, en Guillarei. O goberno irá informando a través da Radio Municipal e de avisos en cada unha das parroquias da data, lugar e hora de cada unha das asembleas que se convoquen.