Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes 5 de abril clausura da exposición sobre os 125 anos da Ponte Internacional

5/04/2011

MAÑÁ MARTES CLAUSÚRASE A EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 125 ANIVERSARIO DA INAUGURACÍON DA PONTE INTERNACIONAL 

Luns, 4 de abril de 2011. Mañá martes 5 de abril é o último día da exposición “Histórica e ferroviaria sobre a Ponte Internacional” que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Tui e que ofrece un percorrido pola historia da construcción desta obra de enxeñería de Pelayo Mancebo Agreda complementada cunha ampla mostra de material ferroviario cedido temporalmente polo Núcleo Museológico Ferroviario de Valença do Minho xunto con diversa documentación procedente do Arquivo Municipal de Tui.

 Ata o presente superan as 700 persoas as que se teñen achegado á contemplar esta exposición. Tamén na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui continúa aberta neste caso ata o 15 de abril a exposición dos traballos participantes no concurso de fotografía sobre a Ponte Internacional que reúne a 128 fotos dos concursantes tanto galegos como portugueses. 

Con estas exposicións chega ao seu fin o amplo programa de actividades promovido polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença para conmemorar o 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño.