Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns abre ao público a piscina municipal

24/06/2022

O seu horario será de 13.30 h a 20.30 h de luns a venres, e dende ás 12.30 h os festivos, sábados e domingos

A piscina municipal de Tui abrirá ao público dende o próximo luns, 27 de xuño, e até a primeira semana do mes de setembro.

A cidadanía poderá gozar destas instalacións a partir do próximo luns de luns a venres de 13.30  a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.30 a 20.30 h.

Mantéñense os mesmos prezos que en 2019. A entrada individual de adultos custará 2€, mentres que para cativos e cativas de 4 a 14 anos, e persoas xubiladas será de 1,5 €.  Establécense amais bonos de 30 baños por importe de 40€ para adultos e de 35€ para público infantil e xubilado.

Piscina Municipal de Tui

Horario:

  • De luns a venres de 13.30  a 20.30 h
  • Sábados, domingos e festivos de 12.30  a 20.30 h

Prezos:

  • Entrada individual adulto 2€
  • Entrada individual infantil (4 a 14 anos) / xubilados/as 1,5€
  • Bono 30 baños adulto 40€
  • Bono 30 baños infantil / xubilados/as 35€