O luns ás 11h preséntase a nova web municipal
14/10/2017
O próximo luns, 16 de outubro, ás 11h na aula CeMIT, no primeiro andar da Área Panorámica terá lugar a presentación da nova web municipal. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Laureano Alonso.