Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O grupo de teatro “Atalaia” do Centro Social estrea “A Lotería” mañá as 21,30 h no Teatro Municipal

23/11/2006

A representación terá lugar este venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal
O grupo de teatro “Atalaia” do Centro Social estrea “A Lotería”
É a segunda obra deste grupo de teatro afeccionado de Tui, que chega precedida polo éxito da súa primeira posta en escena

O Teatro Municipal de Tui, na Área Panorámica, acolle este venres, 24 de novembro, a estrea da obra “A Lotería” por parte do grupo de teatro voluntario “Atalaia” do Centro Social de Tui. A representación comezará ás 21.30h e forma parte da programación para o último trimestre do ano da Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Este é o segundo espectáculo que este grupo de teatro afeccionado leva aos escenarios, e chega precedido polo éxito da súa primeira montaxe “Mi mujer es el fontanero”.

Esta nova obra está dirixida José Martín e interpretada por Teresa Alonso, Carmen Estévez, Maximinino Fernández, Hortensia Paramos, José Martín, Jose Romero, Antonio Gª Rivas, Alfonso Pérez e Maribel Pérez. Foi traducida ao galego polos propios integrantes do grupo. Os dez compoñentes de “Atalaia” poñen todo de seu para levar a cabo cada representación, xa que non só son actores e actrices, senón tamén os responsables da escenografía, a iluminación, o vestiario, ... un traballo que acometen con esforzo e vontade para que logo o público disfrute coa súa posta en escena.

Baixo o título de “A Lotería” achégannos unha comedia para todos os públicos na que a unha familia lle toca a lotería e partir de aí todo son problemas, porque xa se sabe que o importante é ter saúde.

Grupo de Teatro Voluntario “Atalaia” do Centro Social de Tui estrea “A Lotería”
Lugar: Teatro Municipal
Data: Venres 24 de novembro ás 21.30h
Prezo das Localidades: 2€, 1€ con desconto e 1€ os menores de 14 anos
Venda de localidades o venres dende ás 16.30h
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Tui