Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O domingo 8 de outubro celebrarase o II concurso de Pintura ao aire libre “Pinta Tui”

21/09/2017
Cartel II Concurso de Pintura ao aire libre Pinta Tui 2017

O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos

O Concello de Tui, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de pintura “Pinta Tui” que se celebrará o domingo, 8 de outubro de 2017. O obxectivo do mesmo é promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar  a dinamización da oferta turística e as actividades no concello.

Poderán participar todos os artistas nacionais i estranxeiros que o desexen, existindo unha categoría para maiores de idade e outra para os menores de 18 anos. Poderán empregar na súa obra óleo, acrílico, acuarela, sanguina, carbonciño, tintas ou ceras sobre lenzo para pintar calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui e necesariamente as obras deberán ser realizadas o día do concurso nun soporte cun tamaño máximo de 120 centímetros e mínimo de 40 centímetros. Os soportes serán selados pola organización o domingo 8 de outubro de 10 a 11h na Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando.

A inscrición está aberta ata o sábado 7 de outubro debendo realizarse por correo electrónico en turismo@concellotui.org, no correo de ACITUI acitui@acitui.es ou na propia Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Os artistas disporán dende ás 11h ata ás 19h para realizar a súa obra en entregala Oficina Municipal de Tui. O xurado, nomeado pola organización, terá ata ás 20h para deliberar entregándose a continuación so premios establecidos.

Na categoría de maiores de idade haberá tres premios, un primeiro de 200 €  en material de pintura e 100 € en metálico, un segundo de 100 € en material de pintura e 50 en metálico, e un terceiro de 50€ en material de pintura e 25€ en metálico, así coma todos terán a posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui.  O xurado poderá conceder amais mencións especiais que recibirán un agasallo ou trofeo

Para os menores de idade haberá tres premios de 100€, 50€ e 25€ en material de pintura.

Consultar as bases