Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio de Augas do Louro dota de fibra óptica á EDAR

5/05/2023

As obras, actualmente en execución, permitirán modernizar o sistema de telesupervisión e telecontrol das instalacións

O Consorcio de Augas do Louro, do que forman parte os concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos, está a executar as obras que permitirán unir a través dunha rede de telecomunicacións fixa mediante fibra óptica, o nó de comunicacións máis próximo localizado na PO-404 no lugar de A Pinza, coa súa sede central, situada na estación depuradora de augas residuais (ETAP) de Guillarei, en Tui.

O investimento ascende aproximadamente a 87.000 euros e consiste na instalación dun prisma de dúas tubaxes de polietileno corrugado de 160 milímetros de diámetro e 1.110 metros de lonxitude.

Deste xeito dotarase de ancho de banda suficiente para enlazar o sistema centralizado de telesupervisión e telecontrol por internet tanto da depuradora de Guillarei como das dúas estacións de tratamento de augas potables situadas en Mos e Tui e a máis de 100 instalacións electromecánicas situadas nos catro concellos que integran o Consorcio.