Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concurso de Patrullas da Brilat sairá este mércores dende o centro de Tui

20/06/2022

A Brigada “Galicia” VII – Brilat  organiza os días 22 e 23 de xuño a XXI Edición do seu tradicional Concurso de Patrullas entre as localidades de Tui e Santiago de Compostela

O Paseo da Corredoira de Tui  será este mércores o punto de partida da XXI edición do Concurso de Patrullas que organiza a Brilat, que percorrerá a distancia entre Tui e Santiago de Compostela. Nesta proba os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.

Ao longo deste percorrido, dunha gran esixencia física, terán que facer sete probas de carácter militar, percorrido topográfico, lanzamento de granadas lastradas, rapel, paso a nado dun río, tiro, paso de pista de aplicación e percorrido cronometrado, probas que endurecen o desenrolo da proba, tanto no aspecto físico como no psicolóxico, que poñen a proba a súa capacidade e a súa instrución militar.

A saída realizarase dende o centro da cidade de Tui, no Paseo da Corredoira, este mércores, 22 de xuño, a partir das 08.30 horas. A meta e entrega de trofeos terá lugar na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o xoves 23 a partir das 18.30 horas.

Este ano foron introducidos cambios no regulamento coa intención de estudiar a posibilidade da apertura da proba ao mundo civil, establecéndose dúas categorías, “COMPOSTELA”, formada por equipos de tres militares e que realizarán os 120 quilómetros do camiño incluíndo as sete probas e a categoría “AZOR”, na que participan equipos de tres patrullas de tres compoñentes cada unha que, por relevos, percorren un tercio do percorrido cada unha. En total participarán 210 militares de unidades da propia Brilat, como de outras unidades do Exército de Terra, da Armada e do Exército do Aire.