Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello solicita a colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística nos actos do anos Xosé María Álvarez Blázquez

2/04/2008

O CONCELLEIRO DE CULTURA SOLICITA A COLABORACIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGUÍSTICA  NOS ACTOS DO ANO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ 

O concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Tui mantivo a semana pasada unha entrevista coa Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, María Sol López Martínez, no seu despacho de San Caetano, en Santiago de Compostela, para solicitar dese organismo a súa colaboración no desenvolvemento das actividades programadas polo concello tudense co gallo dos actos do ano Xosé María Álvarez Blázquez. 

Moisés Rodríguez Pérez presentoulle á Secretaria Xeral o programa de actividades nas que está traballando o concello de Tui para lembrar e difundir a figura de Xosé María Álvarez Blázquez, buscando o apoio nesta labor que supón tamén unha promoción da lingua galega. Neste tema a petición do concelleiro de cultura de Tui foi unha colaboración para a edición do material impreso que realizará o Concello tudense para conmemorar este Ano Xosé María Álvarez Blázquez. 

Pola súa banda María Sol López Martínez informoulle ao concelleiro tudense das actividades previstas por Política Lingüística neste tema, especialmente unha exposición que está realizando con propostas chegadas dende os centros educativos de Galicia e que comprometeuse a súa presenza na cidade de Tui. A Secretaria Xeral quedou de informar axiña ao Concello de Tui das posibilidades de colaboración a desenvolver.

Pola súa banda, Moisés Rodríguez amosou a súa satisfacción pola boa acollida ás propostas levadas á xuntanza e agarda que a colaboración solicitada poida concretarse en breve prazo.