Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui recibe a un grupo de 40 veciños de Arucas (Gran Canarias) que camiñan a Compostela.

6/09/2010

O CONCELLO DE TUI RECIBE A UN GRUPO DE 40 VECIÑOS DE ARUCAS (GRAN CANARIAS) QUE CAMIÑAN A COMPOSTELA

 

 

Luns, 6 de setembro de 2010. A Concelleira de Educación e Servizos Sociais do Concello de Tui, Patricia Ricón Alonso, recibiu na mañá de hoxe, luns 6 de setembro, no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de 40 veciños da localidade canaria de Arucas que iniciaron nesta xornada o camiño de Santiago, dende a localidade veciña de Valença do Minho.

 

Este grupo arauqueño estaba acompañado polo concelleiro de deportes daquela localidade e polo tudense, residente naquela vila, José Antonio Giráldez Rodríguez, distinguido como “Fillo adoptivo de Arucas”, escritor, animador social, editor na actualidade do xornal electrónico “Arucasdigital.com”.

 

A concelleira tudense agradeceulles a elección de Tui como enclave para comezar a súa peregrinación a Compostela e convidounos a todos a volver á nosa cidade para gozar, con máis tempo, dos seus recursos naturais e patrimoniais.

 

Tras un intercambio de agasallos, os peregrinos recibiron diversa documentación sobre a nosa cidade, o camiño portugués e unha pañoleta de “Tui, porta do camiño portugués” como lembranza deste acto.

 

O Concello de Tui congratúlase pola continua presenza na nosa cidade de numerosos colectivos que escollen este lugar como inicio do seu camiño de peregrinación, e que contribúen á promoción da nosa cidade e dos seus valores históricos e culturais.