Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello de Tui prové dous cursos de iniciación básica á informática ao longo de novembro. Un deles destinado a xubilados e amas de casa

29/10/2010

O CONCELLO DE TUI PROVE DOUS CURSOS DE INICIACIÓN BÁSICA  Á INFORMÁTICA AO LONGO DE NOVEMBRO
Un deles destinado a xubilados e amas de casa

O Concello de Tui, a través da súa concelleria de cultura, promove a realización ao longo do mes de novembro senllos cursos de iniciación a impartir no Telecentro de Tui, ubicado no Edificio “Área Panorámica” na rúa Colón, 2.
As personas interesadas poden inscribirse na Biblioteca Municipal de Tui ata o lúns 8 de novembro ou ata completar as 40 prazas do Telecentro.
Para o concelleiro de cultura tudense con esta oferta de cursos o Concello de Tui tenta de dinamizar a actividade do Telecentro e respostar a unha ampla demanada de actividades formativas para os diversos segmentos sociais, neste caso cunha actividade dirixida especificamente a un sector precisado de accións de achegamento ás novas tecnoloxías: xubilados e amas de casa.
Este Telecentro de Tui é una equipamento promovido polo Concello de Tui e a Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia e que desenvolve una actividade formtiva en diversos ámbitos e materias, concretamente na actualidade acolle un curso para funcionarios de xustiza ou de monitores de balonmán. En definitiva, trátase dun espazo á disposición da sociedade tudense para a súa formación e acceso ás novas tecnoloxias da comunicación e da información.
En concreto os cursos a impartir son:

1.- CURSO DE INTRODUCIÓN Á INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO

Duración: 8 horas
Horarios: Lúns e mercores de 12,00 a 13,00 h.
Datas: do 10 de novembro ao 3 de decembro
Lugar: Telecentro de Tui (Edificio Área Panorámica, rúa Colón, 2 – primeiro andar)
Prazo de matrícula: ata 8 de novembro na Biblioteca Municipal
Nº de prazas: 40
Destinatarios: Xubilados e amas de casa
Inscrición gratuita

 

2.-  INICIACIÓN Á INFORMATICA: PROCESADOR DE TEXTOS

Horarios: martes e xoves de 12,00 a 13,00 h.
Datas: do 11 de novembro ao 7 de decembro
Lugar: Telecentro de Tui (Edificio Área Panorámica, rúa Colón, 2 – primeiro andar)
Prazo de matrícula: ata 8 de novembro na Biblioteca Municipal
Nº de prazas: 40
Destinatarios: Público en xeral
Inscrición gratuita