Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui investiu case 212 mil euros na adquisición de cinco novos vehículos para o Parque Móbil Municipal

9/08/2010

O Concello de Tui investiu case 212 mil euros na adquisición de cinco novos vehículos para o  Parque Móbil Municipal

Destaca a adquisición dun moderno camión para a recollida do lixo

 

Sábado, 7 de agosto de 2010. O Concello de Tui investiu 211.728,98€ na adquisición de cinco novos vehículos para o Parque Móbil Municipal. Esta mañá o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, xunto aos concelleiros Manuel González Vázquez, Moisés Rodríguez, Antonio Castro, Patricia Ricón e Telmo González, presentou publicamente este novo equipamento.

 

Por unha parte destaca a adquisición dun camión recolector para a recollida do lixo no que se investiu 142.800 mil euros. Este camión marca DAF conta con modernos sistemas de seguridade. Segundo explicaba o Concelleiro Manuel Vázquez ten un sistema de seguridade de marcha atrás, e amais conta cun mecanismo que impide que circule a máis de 30 km/h se vai algunha persoa na parte traseira, ao tempo apágase automaticamente se dando marcha atrás alguén se sobe na pedaleta, para evitar deste xeito calquera posible accidente.

 

Por outra parte o Concello adquiriu dúas furgonetas Fiat Fiorino 1.3 Combi Base unha delas destina ao Servizo de Obras e outra ao de augas, cada unha delas tivo un custo de 13.499,55€. Tamén se adquiriu unha Fiat Ducato semiacristalada por un importe de 20.986,41€ para o Servizo de Obras. Por último mercouse un furgón Fiat Ducato por 20.943,47€ para o Servizo de Limpeza.

 

Deste xeito renóvase notablemente o Parque Móbil Municipal, dándose de baixa cinco vehículos que quedaran xa obsoletos e que pola súa antigüidade, algunha furgoneta con máis de 25 anos, estaban a rexistrar avarías repetidamente. Deste xeito os servizos de Obras e Augas, contan co equipamento móbil preciso para realizar o seu traballo nas mellores condicións de transporte e seguridade.  Compre salientar tamén que estas novas adquisicións conlevarán un importante descenso no consumo do combustible, xa que os novos vehículos teñen unha media de consumo moi inferior, pola tecnoloxía empregada nos mesmos, que os que se viñan empregando ata o de agora. E tal e coma explicaba o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, estes novos vehículos son tamén moito máis respectuosos co medio ambiente, xa que a contaminación que emiten é moi inferior a das furgonetas que veñen de ser substituída.  Concluía o rexedor que con estas adquisición “preténdese rexuvenecer o Parque Móbil municipal que estaba bastante obsoleto”.