Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui informará á veciñanza de Malvas e Pexegueiro do proxecto para construír unha senda fluvial na beira do río Furnia

2/03/2022

O concello de Tui está a traballar nun proxecto para construír unha senda fluvial pola ribeira do río Furnia nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Por este motivo convoca á veciñanza destas parroquias, principalmente aos titulares das parcelas lindeiras coa marxe esquerda do Río Furnia, a sendas reunións este domingo. 

A primeira xuntanza será o domingo ás 10 h na antiga escola de Malvas e a segunda ás 11.30 h no Centro Cultural de Pexegueiro. 

O obxectivo destes encontros é informar sobre o proxecto para construír unha senda que transcorra pola ribeira do Furnia ao seu paso por estas dúas parroquias, coa que por en valor esta zona e a súa riqueza patrimonial. Nas reunións deste domingo falarase deste proxecto e tamén das afección das parcelas.

O río Furnia é a xoia dos ríos galegos, a súa auga pura e cristalina, libre de contaminación, así o certifica.