Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e a AECC reforzan a colaboración entre ambas entidades

14/01/2022

A Asociación Española Contra o Cancro realizou en 2021 un total de 93 intervencións en Tui

O Concello de Tui e a AECC, Asociación Española Contra o Cancro reforzan a colaboración entre ambas entidades. Así o acordaron esta mañá na reunión mantida na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz,  a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, Carmen González e o coordinador de Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, Telmo José Crespo Tojeiro.

En 2021 a AECC levou a cabo en Tui 93 intervencións das que 21 foron de atención social coma reparto de alimentos, orientación e información, axudas económicas, préstamo de material ortoprotésico como cadeiras de rodas, perrucas, andadores, etc, inserción laboral… e 72 de Atención Psicosocial a Enfermos/as Avanzados/as en final de vida e aos seus familiares.

No encontro desta maña na casa do concello presentáronse e analizáronse estes datos, ao tempo que se fixo un seguimento dos programas postos en marcha en Tui. Tamén estudaron novas liñas de traballo conxuntas a desenvolver ao longo dos próximos meses, reforzando así os lazos de actuación entre ambas entidades. As actividades previstas se irán dando a coñecer nas próxima semanas.  

Cómpre lembrar que a Asociación Española Contra o Cancro ofrece os servizos de: atención social, atención psicolóxica, voluntariado, logopedia, asesoramento médico sanitario e xurídico, atención en final de vida e dó. Tamén realiza talleres grupais a pacientes de cancro e o seu entorno.