O Concello de Tui despide mañá á Selección Uruguaia de Remo ao rematar a súa concentración na cidade
11/08/2022
Dende o mes de xuño estivo nas instalacións do Centro Especializado en Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui
Mañá venres, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a despedida aos deportistas e adestradores integrantes da Selección Uruguaia de Remo que estiveron concentrados dende o pasado mes de xuño nas instalacións do Centro Especializado de Remo e Piragüismo de Tui e adestrando no río Miño.
Á mesma asistirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o seleccionador do equipo uruguaio, Osvaldo Borchi, os 16 deportistas do equipo nacional, acompañados polo presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, e outros concelleiros/as de Tui.