Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui completa o proceso de promoción interna de catro traballadores e traballadoras

18/11/2020

Trátase de tres persoas administrativas e o inspector xefe da Policía Local 

Hoxe culminou no Concello de Tui un proceso de promoción interna, iniciado a comezos de ano, para cubrir con funcionarios de carreira as prazas de persoal administrativo que figuraban na oferta de emprego público do ano 2017.  Tamén hoxe completouse o proceso para o nomeamento coma inspector da Policía Local da oferta de  emprego público de 2019.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “é a primeira na historia recente deste concello que se culmina un proceso de promoción interna na categoría de administrativos” engadiu que “era unha débeda que tiñamos co conxunto dos traballadores”.  Enrique Cabaleiro amosou a súa satisfacción por completar este proceso que se une ao proceso de negociación da relación de postos traballo, RPT, que agarda culmine tamén nos próximos días. 

O rexedor tudense felicitaba os traballadores e traballadores que promocionaron e lles expresaba a gratitude “polo traballo que ao longo destes anos levan desempeñado, e que foi fundamental para que hoxe este concello sexa o que e que se lles preste ao conxunto dos veciños e veciñas de Tui os servizos que se lle están prestando”.

Deste xeito Manuel Arca é dende hoxe oficialmente o inspector xefe da Policía Local, e os funcionarios María Jesús Blanco Martínez, Alejo Ordóñez Méndez e Eulogia Paramos Estévez ocupan as prazas de administrativo. 
O pasado mes de setembro completouse tamén outro proceso de promoción interna de encargado oficial de obras da oferta de emprego público nomeando a Evaristo Rodríguez Castiñeira.