Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui colabora no III Torneo solidario mini-basket do Club baloncesto Tui

15/12/2011

O obxectivo é a doazón de xoguetes e roupa para Cáritas

 

 O Club Baloncesto Tui en colaboración co Concello de Tui e o Centro Comercial Haley de Tui organiza o III Torneo Solidario de Mini-basket que se celebrará o 22 de decembro, no Vello Pavillón Deportivo Municipal, dende as 17.00 horas da tarde.

Co lema “1 doazón = 1 entrada” o CB Tui quere recoller tanto xoguetes como roupa coa intención de que, a través de Cáritas, ningún neno/a quede sen agasallos nestas festas do Nadal.

O Concello de Tui e o Haley colaboran con esta interesante e solidaria iniciativa do CB Tui pois nesta oportunidade, como en tantas outras, resulta evidente como o deporte é unha útil ferramenta para a educación en valores dos deportistas e dos afeccionados.

O Club Baloncesto Tui anima a todos os veciños a participar neste Torneo Solidario, asistindo aos diversos partidos a disputar e colaborando coa entrega dun agasallo para Cáritas na entrada do Pavillón municipal tudense.