Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello conta cunha terminal de pagos para o aboamento de taxas autoloquidables

20/05/2011

O Concello de Tui conta dende hoxe cunha terminal de pagos para o aboamento de taxas autoliquidables

 

Xoves, 19 de maio de 2011. O Concello de Tui informa que dende hoxe xoves, 19 de maio de 2011, ten en funcionamento nas dependencias municipais de tesourería unha terminal de pagos para facilitar o abono por parte dos veciños e veciñas das taxas autoliquidables. Ata onte para pagar estas taxas os interesados tiñan que ir facer o pago a unha entidade bancaria. Dende hoxe poden facer todo o trámite nas dependencias municipais. O pago debe facerse en moedas ou billetes, admitindo a máquina ata billetes de 50 euros.

 

Deste xeito as persoas que se acheguen ao concello a facer compulsas, ou soliciten expedición de documentos coma licencias urbanísticas, certificados de empadroamento, de residencia, volantes de empadroamento, ou os discos de estacionamento poderán aboar a taxa correspondente no propio concello nesta terminal de pagos.