Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde de Tui recibe aos alevíns do CBTui recentes campiones de Galicia

23/06/2011


Os integrantes do equipo alevín do CB  Tui foron recibidos onte mércores 22 de xuño na Casa do Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, xunto aos edís do equipo de goberno Jose Angel Villaverde, Olga Montes, Marcelino Cendón e o concelleiro do BNG Laureano Alonso.

            A recepción celebrouse para felicitalos polo  Campionato de Galicia que lograron recentemente. O Concelleiro de Deportes, que é tamén o presidente do CB Tui, manifestou sentirse emocionado nesta recepción recoñecendo que cando era xogador o seu desexo era poder gañar un título para ser recibido polo alcalde, daquela non o puido facer pero si despois coma adestrador, e agora coma concelleiro.  Felicitou aos xogadores polo triplete logrado, xa que ao título galego suman tamén o Campionato da Delegación de Vigo e o Provincial.

            O alcalde dirixiuse aos xogares manifestando que son un diamante en bruto que hai  que pulir, por ese motivo lles fixeron entrega dunha réplica dun diamante para conmemorar o título galego logrado dicía Moisés Rodríguez.

            O adestrador do equipo Ángel Aldea sinalaba que este é un gran éxito aínda que recoñecía que os rapaces aínda non son conscientes do que significa. Engadía que é froito de todo o tempo que levan adestrando, e agradecía o apoio recibido polo club, as familias e os patrocinadores.

 

Tomado de www.galiciasuroeste.info