Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Manuel Bermúdez, da Universidade de Cordoba, abre o xoves as Xornadas sobre Francisco Sánchez

15/11/2006

MANUEL BERMÚDEZ VÁZQUEZ, DA UNIVERSIDADE DE CORDOBA, ABRE AS “XORNADAS FRANCISCO SÁNCHEZ”
O seu relatorio será mañá ás 20,00 h no primeiro andar do edificio “Área Panorámica” de Tui

Mañá xoves, 16 de novembro, comeza na nosa cidade as “Xornadas Francisco Sánchez” que tentan rescatar do esquecemento á figura desta esgrevia personalidade do pensamento europeo do século XVI. Estas Xornadas están organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Tui e contan co patrocinio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

O percorrido que fornecen estas Xornadas en torno á biografía e a traxectoria do médico e filósofo tudense, comeza coa conferencia que realizara maña o investigador da Universidade de Córdoba, Manuel Bermúdez Vázquez, que baixo o titulo de “Introducción a la vida y a la filosofía de Francisco Sánchez” realizará un achegamento as principais características da filosofía sancheciana ao tempo que realizará un percorrido pola súa biografía.

Manuel Bermúdez é un investigador na historia de filosofía e leva varios anos traballando en torno á figura do médico e filósofo Francisco Sánchez, a quen lle ten dedicado a súa tese de doutoramento que foi cualificada con sobresaínte “cum laude”. Neste mesmo ano a Fundación Universitaria Española ven de editar o seu libro: “La recuperación del escepticismo en el Renacimiento como propedéutica de la filosofía de Francisco Sánchez”, que recolle un resume da su tese. Amais ten publicado en revistas de carácter especializado diversos traballos que afondan no coñecemento das ideas de “O escéptico” en relación con outros pensadores de da Idade Media e do Renacemento europeo.

Manuel Bermúdez foi no seu momento Premio Extraordinario de Licenciatura, ten realizado estadías de investigación en universidades de Milán e de Massachussets, ten disfrutado de varias bolsas de colaboración na Universidade cordobesa e forma parte de diversos proxectos de investigación no mesmo centro docente andaluz.

Na xornada do venres será a quenda da historiadora Gloria de Antonio Rubio, do Instituto de Estudios Galegos “Padre Sarmiento” do Consello Superior de Investigacións Científicas, que realizará un relatorio en torno á presenza de xudeus e conversos na cidade de Tui.