Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves apertura de exposicións e Comedias do MInho nos actos do 125 aniversario da ponte internacional

16/03/2011

MAÑA INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓNS E AS COMEDIAS DO MINHO REPRESENTA NO TEATRO MUNICIPAL A SÚA ULTIMA OBRA: “RAPAZIADAS TEATRAIS”

Actividades ao abeiro do programa do 125 aniversario da Ponte Internacional sobre o Miño

A compañía portuguesa “Comedias do Minho” porá en escena mañá xoves 17 de marzo no Teatro Municipal de Tui súa última producción teatral “Rapaziadas Teatrais” ás 20,30 horas con entrada libre e gratuita. Esta obra de teatro forma parte do amplo programa de actividades promovidas polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença para conmemorar os 125 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño.

“As Rapaziadas tetarais” é un resume da arte de representaçión e de caracterización, varios monólogos, dramas, cenas cómicas, poesías, tercetos, diálogos, anécdotas e cancionetas coa respectiva música – todo decoroso, de agrado certo e de fácil representación. Unha peza creada a partir de textos de Goethe, Shakespeare, António Pedro, Ionesco, Jodorowsky, Beckett, Mário Gomes Rodrigues, do Cancioneiro para a Mocidade e do Almanaque Rapaziadas Teatrais.

Situada no Vale do Miño, a Asociación Cultural Comédias do Minho iniciou a sua actividade en Setembro de 2004, froito do investimento e colaboración de cinco municípios: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira. A misión da Asociación é dotar o Vale do Miño dun proxecto cultural proprio, adaptado á súa realidade socio-económica e, portanto, cun enfoque especial no envolvemento das poboacións, a partir da construcción de propostas de efectivo valor participativo e simbólico, para as comunidades as que se dirixem. Neste sentido, o proxecto actual da Asociación integra tres eixos de intervención: a Compañia de teatro profesional, o aproximarte (proxecto pedagóxico) e os Proxectos Comunitários (envolvendo as poboación e as asociacións culturais locais).

Previamente, terá lugar a apertura da exposición sobre o “125 anos da Ponte Internacional: exposición histórica e ferroviara” organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui e que amosa o proceso de construcción desta ponte metálica xunto a diversos obxectos cedidos polo Núcleo Museológico de Valença e diversa documentación relacionada con este acontecemento histórico. Esta mostra estará na Sala Municipal de Exposicións ata o vindeiro 3 de abril.

Por outra banda, continuan os preparativos para o día 25 de marzo, data da inauguración desta Ponte Internacional en 1886, que neste ano servirá para a sinatura do protocolo de irmandade entre os municipios de Valença e Tui. Tanto a Cámara Municipal de Valença como o Concello de Tui teñen convidado as autoridades dos gobernos de Portugal, Galicia e España a participar neste acontecemento. Nesta altura está confirmada a presenza nos actos do Ministro das Obras Públicas, Transportes e Comunicações de Portugal, D. Antonio Mendoza e doutras autoridades de Galicia.