Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres primeiro sorteo de vales de compra entre os usuarios da praza de abastos tudense

22/12/2011

Ao abeiro da campaña “Este inverno presume de praceiro/a” que se desenvolve na Praza de Abastos de Tui promovida pola Dirección Xeral de Comercio e o Concello de Tui mañá venres, ás 10,00 horas da mañá, terá lugar o primeiro dos sorteos de vales de compra (por importe de 75, 50 e 25 euros) entre os usuarios deste mercado municipal tudense. Segundo informa a concelleira responsable de Marcados e Praza de Abastos, Olga Montes Moldes, é preciso estar presentes no momento do sorteo para recibir o premio.

O obxectivo desta campaña, asegura a concelleira tudense, é promover o mercado municipal, incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores da compara na Praza de Abastos, así coma a posta en valor dos seus profesionalidade e bo facer dos profesionais que traballan día a día na mesma e que representan ao comercio de proximidade, un sector de grande importancia para a vida social e económica da nosa localidade.

Amais nesta campaña elixirase ao mellor praceiro ou praceira, para iso haberá unha papeletas a cubrir polos clientes na que valoran a calidade dos produtos e a súa profesionalidade. Neste momento na  praza de abastos de Tui hai 13 peixerías, 5 carnicerías, 3 postos de legumes e verduras, un posto de flores, un supermercado, e os xoves amais hai distintos produtos do campo.

Esta campaña terá unha segunda etapa logo do Nadal, a partires do 9 de xaneiro cun novo sorteo de vales de compra o 20 de xaneiro de 2012.