Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres 25 de xaneiro inaugúrase unha exposición de fotografías de Pepe Buiza sobre arquitectura tradicional portuguesa

24/01/2008

MAÑÁ INAUGÚRASE UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DE PEPE BUIZA SOBRE ARQUITECTURA POPULAR PORTUGUESA 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende mañá, venres 25 de xaneiro, a exposición titulada “Tradición e construcción no norte de Portugal” que recolle unha escolma de fotografías de Pepe Buiza sobre a arquitectura popular do norte de Portugal. Esta mostra permanecerá aberta ao público ata o 15 de febreiro.

Ao longo das mías de setenta fotografías de integran esta exposición os visitantes ponden achegarse ás diversas manifestacións da arquitectura tradicional do país veciño: dende as construcción de vivendas, os alpendres, os hórreos ou “espigueiros”, os muiños, etc son obxecto de atención da cámara fotográfica de Pepe Buiza. Deste xeitos os espectadores poden contemplar as diversas tipoloxias constructivas existentes nas zonas do Minho e de Tras-os-Montes, adaptandose as condicións xeograficas e climáticas de cada territorio.

Pero a pescuda do fotógrafo, a súa curiosidade, abrangue tamén os pequenos detalles que moitas veces escapan da ollada do espectador pouco habituado á investigación etnográfica e que deste xeito podemos decatarnos da capacidade artística, da habelencia dos anónimos constructores que lograban unha adecuada adaptación ás necesidades habitacionais.

Con esta nova exposición a Concellería de Cultura do Concello de Tui, que dirixe o concelleiro Moisés Rodríguez Pérez, continua traballando para dotar a esta Sala Municipal de Exposicións dunha programación ampla e diversificada nas diversas temáticas, e que ten no achegamento á realidade de Portugal un das súas principais liñas de traballo. Con esta nova exposición do Concello tudense continúa apostando por converter á cidade fronteriza nun lugar de encontro, de “ponte” de comunicación, entre Galicia e Portugal. Así no pasado ano nesta sala poidemos comtemplar diversas exposicións artísticas relacionadas con Portugal como foi o pinto Orlando Pompeu, o escultor Carlos Oliveira, a exposición da Bienal de Cerveira ou a mostra colectiva da Cámara Municipal de Boticas.Moisés Rodríguez, concelleiro de cultura, convida aos veciños de Tui e interesados nesta temática a participar na inauguración desta exposición que terá lugar mañá venres 25 de xaneiro ás 20,00 horas.