Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña sábado torneo de baloncesto alevín no programa de actos do 125 aniversario da Ponte Internacional

11/03/2011

MAÑA SÁBADO TORNEO DE BALONCESTO ALEVIN NO PROGRAMA DE ACTOS DOS 125 ANOS DA PONTE INTERNACIONAL

 

Venres, 11 de marzo de 2011. Mañá sábado, 12 de marzo, o antigo Pavillón Municipal de Deportes de Tui acollerá un campionato deportivo que forma parte do programa de actividades programadas polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho para conmemorar o 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño.

 

Nesta fin de semana corresponde un torneo de baloncesto no que participaran arredor de 120 novos deportistas galegos e portugueses. Competirán tres equipos de Tui (dous masculinos e outro mixto) e un equipo de O Porriño, por parte galega, e dous equipos de Valença (un deles feminino) xunto con outro de Paredes de Coura e un mixto de Ponte de Lima.

 

Este torneo dará comezo as 16 horas e rematará aproximadamente en torno as 20,00 horas coa entrega de trofeos para os equipos participantes.

 

Para o responsable da concellería de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, este torneo busca afondar nas relacións existentes entre as poboacións de ambas ribeiras do Miño propiciando novos espazos de vida común e de participación conxunta. Pois este é un dos principais obxectivos das conmemoración do 125 aniversario da Ponte Internacional que rematarán coa sinatura do protocolo de irmandade entre as cidades de Valença e Tui.

 

Rodríguez Pérez agradece a participación dos diversos clubs de baloncesto e das familias dos rapaces e rapazas e convida a todos os afeccionados ao deporte a participar nesta xornada de confraternización deportiva entre galegos e miñotos, que terá continuidade na vindeira fin de semana, o sábado 19 de marzo co torneo de fútbol infantil a celebrar nesta oportunidade no Estadio Dr. Lourenço Raimundo de Valença.