Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a IX Eurocidade BTT

16/03/2022

Mañá xoves, 17 de marzo, ás 12.00 horas españolas, na Pousada de San Teotonio, en Valença, presentarase a IX Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña, organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Ciclismo, subvencionada polo programa operativo Interreg. A Eurocidade BTT celebrarase este próximo domingo 20 de marzo.

Na presentación estarán presentes o alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, e o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández.