Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes preséntase a Aloiada 2022

13/06/2022

Mañá martes, 14 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da Aloiada 2022, proxecto organizado polos colexios de Educación Primaria e Infantil de Tui (CEIPs), en colaboración co Concello de Tui. No mesmo máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria  participarán en diversas actividades no medio natural, tanto no Monte Galiñeiro, coma no Monte Aloia e no río Miño.

Participarán na presentación o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Educación, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, a directora do CEIP de Rebordáns, Nerea Castro, a directora do CEIP de Caldelas, Silvia Rodríguez, o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, o director do CEIP de Guillarei, Víctor Rodríguez, o director do CEIP Nº2, Luís Ruiz, acompañados dos profesores de educación física dos distintos colexios.