Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña martes presentación en Tui do Boletín da real Academia galega dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez

31/01/2011

MAÑÁ MARTES PRESENTACIÓN EN TUI DO BOLETIN DA REAL ACADEMIA GALEGA DEDICADO A XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

 

 

Luns, 31 de xaneiro de 2011. Mañá martes, 1 de febreiro, ás 20,00 horas, terá lugar na Sala "Félix Rodríguez" (no edificio Área Panorámica) a presentación do Boletín da Real Academia Galega, número 369, dedicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2008 o tudense Xosé María Álvarez Blázquez.

 

Intervirán neste acto, aberto ao público, o Alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo -fillo do autor homenaxeado-, o bibliotecario tudense, Rafael Sánchez Bargiela, e o Presidente da Real Academia Galego, Xosé Luís Méndez Ferrín.

 

Este número do Boletín da Academia Galega recolle os relatorios presentados ao Congreso que arredor da figura de Xosé María Álvarez Blázquez celebrou a Real Academia Galega na cidade de Tui no mes de novembro de 2008 como clausura das actividades desenvolvidas arredor do egrexio escritor e investigador tudense naquel ano.

 

O Concello de Tui, a través do seu concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, agradece á Real Academia Galega a deferencia que, nunha nova oportunidade realizar cara á nosa cidade ao querer presentar aquí esta publicación e que consolida a colaboración que nos últimos anos desenvolvese entre ambas institucións.