Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes presentación do libro "Los pastorcillos de Fátima" na sala Felix Rodríguez

16/06/2008

MAÑA PRESENTACION EN TUI DO LIBRO “LOS PASTORCITOS DE FÁTIMA” DE MANUEL FERNANDO SOUSA E SILVA

A Sala “Felix Rodríguez” no edificio Área Panorámica de Tui acollerá mañá martes 17 de xuño, ás 20,00 horas, a presentación do libro do profesor Manuel Fernando Sousa e Silva titulado “Los pastorcillos de Fátima” recentemente editado pola editorial madrileña Homolegens. Neste acto se contará coa presenza do propio autor e do traductor desta obra do portugués ao español, D. Manuel de Santiago González, párroco de Santa María da Guia – Randufe (Tui).

Hai poucas datas o libro foi presentado en Madrid polo Nuncio da Súa Santidade en España, Monseñor Manuel Monteiro de Castro, quen valorou moi positivamente esta obra pois nas súas páxinas amáis de aportar información de alto interese con datos precisos, lugares concretos e sabia doctrina, esta obra permite contemplar a historia de Fátima como “un capítulo significativo para o coñecemento da vida humana (…) é unha mostra da intervención de Deus e da mediación de Nosa Señora na vida das personas, dos pobos e das nacións en pleno século XX”.

Sobre esta obra José Francisco Serrano, decano da Facultade de Humanidades e Ciencias da Comunicación do CEU de Madrid, sinala que “non estamos diante dunha historia bonita, diante dun libro de aparente lectura espiritual nin diante dunha narración novelada senón que é unha obra de Teoloxia da Historia (…) pois Fátima representa a historia contemporánea (…) que é un diálogo ao longo do tempo entre a libertade do home e a proposta de Deus”.

Manuel Fernando Sousa e Silva nacieu en San Lourenço de Sande, Guimâraes, Portugal, en 1932. Estudiou no seminario de Braga onde foi ordenado sacerdote en 1956. Doctor en Dereito Canónico, é profesor desta disciplina na Universidade Católica de Lisboa. Considerado como un dos mellores expertos na mensaxe de Fátima, ten publicado numerosos artígos en diversas revistas. Director da revista de liturxia e pastoral “Celebraçao litúrgica”, na que colabora dende a súa fundación, en 1970. O seu libro máis recente titúlase “Caminhos de amor (Descoberta do projecto pesoal de vida)”.

Ao día seguinte, o mércores 18 de xuño esta obra será presentada na cidade de Vigo, concretamente no Seminario Maior “San Xosé” tamén ás 20,00 horas do serán.