Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes 23 obradoiro de creación literaria con Santiago Jaureguizar na biblioteca municipal de Tui

23/11/2010

MAÑÁ MARTES 23 OBRADOIRO DE CREACION LITERARIA CON SANTIAGO JAUREGUIZAR NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo a sua programación de actividades “Outono na Biblioteca” coa celebración mañá martes 23 de novembro ás 19,00 horas de “Ti contas: obradoiro de escritura creativa” impartido polo escritor Santiago Jaureguizar. O narrador daralles aos participantes unha serie de nocións básicas sobre teoría do relato, estrutura, personaxes, ritmo ou estrutura. O obradoiro  terá un enfoque eminentemente práctico pois a intención de Jaureguizar é amosar que calquera pode converterse en autor de narracións a nada que se lle faciliten unhas técnicas elementais.
Contidos:
-Teoría xeral do relato. Modos, medios e xéneros. Argumento
-O narrador. Voz. Punto de vista. Ton.
-Construción do personaxe. Espazo, ambientación
- Estrutura. Inicio, punto de xiro, desenvolvemento, punto de xiro,
desenlace.
-O estilo. O diálogo.
Este obradoiro está dirixido especialmente a mozos e adultos interesados e cómpre a inscrición previa na propia Biblioteca Municipal tudense, tanto personalmente ata o inicio do obradoiro como a través do correo electrónico: biblioteca@concellotui.org ou tui@rbgalicia.org

Santiago Jaureguizar naceu en Bilbao no ano 1965. É autor do volume de contos Fridom spik e das novelas Comendo espaguetis diante da televisiónAs horas sucias , Breve crónica universal da clase obreira (Premio Lueiro Rey
2001), Casa Skylab (Premio Xerais 2003), Cabaret Voltaire (Premio García Barros 2005) e O globo de  Shakespeare (Premio Terras de Melide 2008). Para rapaces asinou as novelas Todo a cen, A rutina corsaria, Salitre, Balea morta ouLancha a pique, A cova das vacas mortas, A Feroz Batalla da Charca e Plastilina nos pulmóns.
Mantén o blog sobre cultura galega e internacional cabaretvoltaire.canalblog.com. Como xornalista, gañou o Premio Manuel Reimóndez Portela de Periodismo 2005 e o Premio Museo Provincial 2009.
Con esta nova actividade a Biblioteca Municipal continúa impulsando diversas actividades de animación e promoción da lectura dirixidas aos diversos sectores sociais da nosa localidade. Desta volta para mozos e adultos que, segundo sinala o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez. Son tamen son usuarios deste centro bibliotecario e para eles existe unha programación específica da nosa Biblioteca con actividades puntuais como este tipo de obradoiros ou contancontos, ou con actividades permanentes como o Clube de Lectura para adultos que dende hai xa tres anos reunense quincenalmente na Biblioteca Municipal de Tui.