Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá inaugúrase a exposición "Experiencias gravadas"

6/04/2011

MAÑA INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN “EXPERIENCIAS GRAVADAS”

 

Manca xoves 7 de abril ás 20,00 horas terá lugar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a inauguración da exposición titulada “Experiencias gravadas” que amosa os traballos realizados ao longo do curso de iniciación ao gravado celebrado na nosa cidade no pasado outono e dirixido pólo artista e gravador tudense Xabier de Sousa.

Participan nesta exposición colectiva: Pablo Otero Pino, Paula Estévez Sanroman, Margarita García del Portillo, Mario López Vicente, Estrella Fernández García, Inés Gontad García, Rogelio Fortes Alonso, Mercedes Cabaleiro González, Mª Eugenia Fuentes Pérez e Nelson Bardon Blanco.

Este curso de gravado foi organizado na nosa cidade pola Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, dependente da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, O curso tivo unha duración de 32 horas foi impartido nos días 6, 7, 13 e 14 de novembro no edificio Área Panorámica de Tui.

Esta actividade de formación enmarcase na colaboración aberta entre a Concellería de Cultura do Concello de Tui e a Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño que tivo o seu primeiro acto na presenza nas festas de San Telmo 2010 na nosa cidade da exposición “Contornos” sobre o traballo dos torneiros de Galicia e que contou cunha exhibición en vivo do seu traballo artesanal. Unha cooperación que continuará nun futuro inmediato con novas actividades.

Foron un total de quince artesáns os que participaron nesta actividade que tivo coma obxectivo contribuír ao desenvolvemento do sector artesanal galego fornecendo novas ferramentas técnicas aos artesáns, neste caso ao mundo do gravado baixo a dirección do artesán e gravador tudense, Xabier de Sousa.

Para o concelleiro de cultura tudense con esta nova mostra artística a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui continúa ofrecendo a veciños e visitantes unha oferta diversificada de actividades que contribuen positivamente á dinamización cultural da nosa cidade.