Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI do conxunto histórico de Tui

30/03/2022

Mañá xoves, 31 de marzo, abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI, Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, correspondentes á fase 14ª. As bases reguladoras e a convocatoria pública destas axudas ven hoxe publicada no Boletín Oficial da Provincia.

Poden beneficiarse desta convocatoria as persoas propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva e das vivendas ubicadas nestes edificios. Así como as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de persoas propietarias, as sociedades cooperativas, as persoas físicas arrendatarias dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

As bases, publicadas hoxe, fixan os criterios para a concesión das subvencións previstas no Plan Estatal 2018-2021 para o programa de rexeneración e renovación urbana e rural relativo á Área de Rexeneración e renovación urbana casco histórico de Tui, entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui dentro do seu ámbito de aplicación.

As solicitudes poden presentarse dende mañá durante un período de 2 meses

 Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios eviviendas no ámbito do ARI