Mañá abre o prazo de presentación de solicitudes para postos e atraccións nas Festas de San Telmo
Os interesados teñen ata o 2 de marzo para presentar a documentación no Rexistro de Entrada
Dende mañá mércores, 24 de febreiro, e ata o 2 de marzo o Concello de Tui abre o prazo para a presentación de solicitudes de permiso para a instalación de postos e atraccións nas Festas de San Telmo, que se celebrarán do 26 de marzo ao 4 de abril.
Os interesados deben cumprimentar o impreso de solicitude , dispoñible nas oficinas da Casa do Concello ou na web www.concellotui.org, e presentalo no Rexistro de Entrada xunto á documentación requirida. Entre os datos a aportar están as características do posto ou atracción e as súas dimensións. Unha vez finalizado o prazo o Concello de Tui procederá a cualificar a documentación presentada para a aprobación da montaxe empregando coma criterio de selección a orde de presentación da solicitude no Rexistro de Entrada, así coma no caso das atraccións a non reiteración do espectáculo ofertado, a estética do mesmo e a novidade. Tendo en conta estes criterios elaborarase unha listaxe de admitidos que se publicitará no taboleiro de anuncios e na web municipal, na que figurará o importe a aboar pola instalacións que será de 0,54 €/m2 e día, e o prazo para facer o ingreso desta taxa.