Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 700 persoas participan o martes no Desfile-Concurso de Entroido en Tui

1/02/2008

A cita é  o martes 5, festivo local, ás 18.00h nas rúas novas da cidade

Máis de 700 persoas participan o martes no Desfile-Concurso de Entroido en Tui

Das 14 comparsas 9 son de Tui, tres de Tomiño, unha de Gondomar e outra de Salceda Venres, 1 de febreiro de 2008.

O Entroido máis espectacular volve ter a súa cita en Tui. Será o próximo martes día 5, Festivo Local na cidade, nun circuíto pechado polas polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda por onde transcorrerá o Desfile-Concurso que organiza a Concellería de Cultura.  Este ano participan 14 comparsas, que suman máis de 700 compoñentes, das que 9 son de Tui, 3 de Tomiño, 1 de Gondomar e 1 de Salceda. Con respecto ás últimas edicións vese ano a ano un incremento progresivo no número de comparsas tudenses das que dúas son do casco urbano, unha de Ribadelouro, dúas de Rebordáns, dúas de Caldelas, unha de Pazos de Reis e unha de Areas.  Salienta amais a fidelidade destas comparsas que ano a ano apostar por amosar a súas propostas de Entroido na cidade, feito que será recoñecido este martes. Así a comparsas Cantos Somos de Tui cumpre neste 2008 vinte ano, amais a comparsa do grupo Scouts Alhoia celebra 10 anos ao igual que os Macanudos de Gondomar e Luces de Tomiño, mentres que Revolución Show de Tomiño leva xa 11 anos participando no Entroido tudense. Entre todos competirán con deportividade por gañarse o favor do público e do xurado e levarse algún dos premios establecidos, que suman xunto aos accésit 9.700 euros. Lembramos que en comparsas establécense premios para as cinco mellores. A gañadora recibirá 500 €, a segunda 400 €, a terceira terá un premio de 300 €, a cuarta, 200 €, a quinta 100 € . Na modalidade de Carrozas haberá catro premios  de 400, 300, 200 e 100 € Por último os premios de Acompañamento Musical son de 300 €, 200 € e 100 €.  As rúas por onde transcorre o desfile estarán convenientemente adornadas e iluminadas e festa continuará os remate do concurso coa discoteca móbil Space Music.   

As comparsas deben participar o domingo 10 no Enterro do Bacallau 

Nas bases deste Desfile-Concurso recóllese que para que os premios e os accésit sexan abonados as comparsas deberán acudir na súa totalidade, de rigoroso loito ao Enterro do Bacallao, a celebrar o domingo 10 de febreiro. O enterro partirá da Praza de San Fernando, ás 19.30 h, percorrendo ás rúas Seixas, Ordóñez e Paseo da Corredoira, onde se fará unha parada no Cantón de Diómedes para ler as coplas, debéndose entregar previamente unha copia á organización, coa cara descuberta, por parte das comparsas que así o desexen. O percorrido do enterro continuará pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace travesía de Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procederá á cerimonia do enterro mediante incineración.