Máis de 700 persoas danse cita esta fin de semana no I Trofeo hip-hop Eurocidade
O pavillón Gustavo Rodríguez en Tui acollerá o domingo a final do Campionato Galego
O baile será protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença coa celebración do I Trofeo hip-hop Eurocidade. Máis de 700 persoas participarán na final do Campionato Galego desta disciplina, que se disputará este domingo 21 no pavillón Gustavo Rodríguez, en Tui.
A partir das 11 h comezarán as actuacións individuais e de parella, e ás 16 h será a quenda dos grupos, conformados por entre 5 e 10 bailaríns e bailarinas. Ao final da xornada competitiva daranse a coñecer as persoas gañadoras nas tres modalidades no Campionato Galego. As entradas da final teñen un prezo de 10 euros.
Previamente, o sábado o hip-hop tomará as rúas da Fortaleza de Valença. A praza da República será o espazo onde, ao longo da xornada, desenvolveranse diferentes espectáculos desta disciplina urbana, que combina ritmo, rap e baile.
Esta tamén será unha fin de semana de baile deportivo, xa que o sábado o Pavillón Gustavo Rodríguez acollerá, de 13.30 a 21 h, exhibicións doutras modalidades como bailes caribeños, danza coreográfica, vals, tango, estándar latino… Neste caso a entrada terá un prezo de 9 euros.
Con esta proposta a Eurocidade Tui - Valença continúa apostando pola diversidade deportiva, con citas que ao longo do ano sitúan o baile como disciplina compartida. Estas citas forman parte do Calendario Deportivo que realizan de forman conxunta Tui e Valença.





