Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 200 nenos e nenas participan no Campamento de Verán Igual É + 2022

23/06/2022

A primeira quenda comeza o próximo luns no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez

Un total de 228 nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, participarán no Campamento de Verán Igual É + 202 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade.  O obxectivo é facilitar a conciliación familiar durante a época estival ao tempo que brindar aos nenos e nenas unha actividade de lecer durante as vacacións.

O próximo luns, 27 de xuño, comezará a primeira quenda que se prolongará até o venres 1 de xullo. Na mesma están inscritos 77 nenos e nenas.. Os nenos e nenas deberán levar roupa cómoda, unha mochila co seu nome, merenda, unha botella de auga, protección solar e gorra.  O horario para deixar aos e ás participantes no pavillón municipal Gustavo Rodríguez será de 7.45 a 9 h, e para recollelos de 14 a 15.15 h.

A segunda quenda, que se celebrará do 4 ao 18 de xullo, contará con 180 participantes, e a terceira quenda, entre o 18 e 29 de xullo, con 150 nenos e nenas.

No inicio de cada quenda entregarase a programación prevista para este período na que se especificará as actividades a realizar.