Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 1.100 persoas pasaron no mes de marzo pola nova Oficina Municipal de Turismo

5/04/2022

O pasado mes de marzo, a nova Oficina Municipal de Turismo de Tui, localizada no céntrico Paseo da Corredoira, rexistrou un total de 1.152 consultas sobre información turística da nosa localidade. Destas consultas un total de 1.031 correspondían a visitantes e 121 a peregrinos.

Do total de 1.031 visitantes 960 eran españois, e 71 de orixe internacional. Entres os visitantes nacionais destacan 413 de Galicia, 135 de Madrid, ou 60 de Alava. Entre os estranxeiros rexistráronse  53 visitantes de Francia, 21 de Arxentina, 10 de Portugal, e 5 de Alemaña, entre outros.

En marzo 121 peregrinos se achegaron até a Oficina de Turismo na súa nova localización. O cambio incide negativamente no rexistro de peregrinos que se realiza xa que antes este punto de información turística se situaba en pleno Camiño. Das persoas que estaban a realizar o Camiño e demandaron información 62 eran españolas, procedentes de  Cuenca (8), Badaxoz (6), Murcia (6), Valencia (4), Castellón (4), Zamora (3) Alacante (3), Navarra (3)… e 59 procedían doutros países: Alemaña (19), Portugal (14), Italia (10), R. Unido (4), Brasil (3), R. Checa (2), Dinamarca (2)...

Comparando os datos do mes de marzo cos de 2019, previo á aparición da covid, se rexistrou un substancial incremento de visitantes pasando dos 243 turistas ( 23 estranxeiros e 220 españois) aos actuais 1.031 visitantes.  Mentres hai tres anos se atenderon 123 peregrinos (110 internacionais e 13 españois) e este ano 121.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, amosa a súa satisfacción por este datos estatísticos da afluencia de visitantes pois evidencian o atractivo da nosa cidade tamén nun mes fóra das tempadas turísticas tradicionais. Tamén os Camiños Portugueses de peregrinación a Santiago de Compostela, que teñen en Tui a porta de entrada en Galicia, continúan aportando un crecente número de peregrinos recuperando cifras de anos anteriores a pandemia.

Para o rexedor tudense estes datos de afluencia turística representan tamén unha grande responsabilidade para o futuro pois cómpre seguir traballando para mellorar a nosa oferta turística e para incrementar a súa calidade, un traballo que ten que desenvolverse conxuntamente entre a administración pública e o sector turístico, pois unicamente compartindo sinerxías é posible mellorar e avanzar.