Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Lorena Fernández Gomez gaña o concurso de carteis das festas de San Telmo 2011

6/04/2011

LORENA FERNÁNDEZ GOMEZ GAÑA O CONCURSO DE CARTEIS DAS FESTAS DE SAN TELMO 2011

 

Martes, 6 de abril de 2011. Un total de 10 traballos se presentaron á convocatoria formulada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui para a elección do cartel anunciador das festas de San Telmo 2011. O xurado reunido na mañá de onte acordou conceder o primeiro premio ao traballo presentado baixo o lema “Roda histórica de luz, danza e cor”, que unha vez aberta a correspondente plica resultou ser obra da deseñadora Lorena Fernández Gómez.

 

O xurado no seu fallo resalta que a obra gañadora salienta, entre os traballos presentados, pola sua sinxeleza e a súa capacidade comunicativa e representativa da nosa cidade. Pois a autora tomou como elemento central da súa composición o rosetón da nave central da Catedral tudense, “a interpretación e intervención que adoptei foi simplemente engadir multitude de cores facendo referencia ás luces de cores que nos dias de festa iluminan a cidade de Tui... o resultado é unha roda histórica de luz, danza, movemento, festa, cor, vida... em definitiva que a festa chegou” sinala a deseñadora na descrición do seu cartel.

 

Coa resolución deste concurso a Concellería de Cultura tudense continúa apostando pola oferta aos deseñadores e creativos á hora da confección do cartel anunciador das festas patronais tudense, logrando deste xeito unha obra máis representativa e participativa. Para o concelleiro tudense de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, resulta satisfactorio ver o bo nivel dos traballos presentados en canto a calidade.