Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inscricións escolas Deportivas Deputación de Pontevedra

31/08/2011

Patinaxe, Balonmán e Fútbol serán os deportes subvencionados pola Deputación Provincial

Un ano máis a Deputación Provincial de Pontevedra colaborará co Concello de Tui nas Escolas Deportivas Provinciais, que nesta tempada contará cos deportes Patinaxe, Balonmán e Fútbol.

 

PATINAXE

Despois do éxito de participación do ano pasado, no que máis de 100 nenos e nenas de Tui gozaron desta actividade, a Deputación Provincial e o Concello de Tui esperan ter un incremento no número de inscritos.

A actividade comezará o mércores 5 de outubro, impartíndose as clases os mércores e venres no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui. Poderán anotarse os nenos e nenas de 5 a 15 anos. Os grupos faranse pola monitora dependendo do nivel dos nenos.

 

Datas de Inscrición

As inscricións realizaranse no Concello de Tui, por rigoroso orden de inscrición, dende o día 5 ao 16 de setembro, dende as 09.00 ata as 13.30 horas.

Una vez rematado o prazo de inscrición conformaranse os listados de admitidos e de reservas. Na última semana do mes de setembro publicaranse os listados na web do Concello.

 

Balonmán

Actividade consolidada no Concello gracias ao traballo realizado polo Club Balonmán Tui, no que o ano pasado contou con máis de 150 nenos e nenas.

A actividade comezará  no mes de outubro, impartíndose nos distintos colexios de Tui, CEIP nº2, CEIP de Guillarei, CEIP de Randufe, CEIP de Caldelas, CEIP de Pazos de Reis, CPR Santa María e CEIP de Rebordáns.

Na primeira semana de clase realizarase una promoción polos monitores do Club Balonmán Tui e as inscricións cumprimentaranse nos colexios polas AMPAS, na segunda semana de clase.

 

Fútbol

Con máis de 100 nenos e nenas do Concello, e impartido por adestradores do TYDE C.F., a actividade impartirase no Campo de fútbol Municipal de Tui “Álvarez Durán”, os luns, mércores e venres de 17.00 a 19.00 horas.

As inscricións poden facerse nas instalacións do TYDE C.F. ou chamando ao número de teléfono 617.858.623