Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inauguración da exposición e fallo do xurado do concurso fotográfico HOME/MULLER 100%+

23/11/2010

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN E FALLO DO XURADO DO CONCURSO FOTOGRÁFICO HOME/MULLER 100%+

O próximo xoves, día 25, ás 19:00 horas, na sala de exposicións da Área Panorámica, terá lugar a inauguración da exposición e fallo do xurado do “Concurso fotográfico home/muller 100%+“ programado dentro das actividades postas en marcha pola Concellería de Muller co gallo da celebración do Día internacional contra a violencia de xénero.

A temática do concurso quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en tódolos ámbitos da vida.

Este ano, sendo a terceira edición, ademais da categoría de adultos e a de menores de 18 anos, creouse unha categoría especial para os centros escolares, na que participaron cinco dos centros educativos do noso municipio.

Na categoría de adultos presentáronse vintecatro traballos, e na de menores de 18, catro.

A Concelleira de Muller, Patricia Ricón, anima a todo o mundo a visitar dita exposición que permanecerá na Área Panorámica ata o día 2 de decembro.