Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe lúns 23 de abril: Tour Municipal de baloncesto con Rafael Jofresa

23/04/2007

Desde o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui e en colaboración coa Asociación de deportistas para unha Infancia Mellor, organiza para o día 23 de abril un “Tour Municipal de Baloncesto”, que consistirá nun adestramento maxistral dirixido aos xóvenes do municipio, impartido por Rafael Jofresa, no que ademáis de impartir as ensinazas técnicas, realizará unha charla, transmitindo a mensaxe das vivencias do deporte como modelo de “estilo de vida saudable”.O desenrolo do tour divídese en duas fases:1ª FASE: Visita ao Concello o día 23 de abril de 2007.12 .00 h farase a presentación aos medios incluíndo a firma do Convenio entre a       asociación e o Concello.17.00h        Inicio da actividade no Pabellón. Charla cos participantes.17.30h        Adestramento.18.30h        Firma de autógrafos.19.00h        Finalización da actividade no pabellón. 2ª FASE: Participación de 10 alumnos do Concello no Campus de Baloncesto “Rafael Jofresa” que se desenrola en Cartaya (Huelva) do 4 ao 14 de agosto.Para a realización desta fase o Concello de Tui adquire o compromiso de becar a 10 participantes da 1ª FASE. Ao adestramento asistirán 80 alumnos do Club de Baloncesto de Tui. Invítase a toda aquela xente que queira asistir coma público a este adestramento, no que ao finalizar, o xogador Rafael Jofresa, firmará autógrafos.