Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe inauguración na Piscina de Valença da exposición de artistas femininas de Tui e Valença

1/03/2011

 

TUI VALENÇA CIDADES DA MULLER.


 

Continua o programa conxunto de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, organizado polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença.. O día 1 de marzo, as 20.00 h será inaugurada a Exposición de Artistas Femininas de Tui e Valença, na Piscina Municipal de Valença, contaremos cun par de actuacións musicais de ambas cidades para arroupar ás nosas artistas, todas, mulleres novas que están comezado a darse a coñecer e que no caso de Tui serán: Mónica Seoane (pintura), Andrea da Silva (fotografía), Rosi Moledo, autora do deseño dos carteis deste ano (debuxo) e Ines Gontad que mostrará xunto a súa obra  unha da súa filla María Croques  (pintura). Tratarán de mostrar á muller nos diferentes ámbitos da sociedade: cultura, educación, arte, familia, traballo, etc